12º CONCURSO “CÓNTAME UN CONTO” STA APOLONIA
Escrito por mmovilla
Martes, 19 de Enero de 2010 14:14
PDF Imprimir E-mail
  • ¿Gústache escribir no tempo libre?
  • ¿Pásalo ben escribindo contos ou historias que ti mesma/o inventas?

Esta é a oportunidade de mostráre-las túas habilidades e imaxinación

Apúntate no concurso “Cóntame un conto”

BASES:

Poderán inscribirse tódalas/os alumnas/os de Primaria, E.S.O. que estean matriculados no Colexio Sta Apolonia no curso 2009-2010

Establécense tres categorías:

A) Educación Primaria
B) 1º e 2º  E.S.O.
C) 3º e 4º E.S.O.
  • O lugar e prazo de entrega será na Secretaría do Centro entre os días 01 e 03 de febreiro, ambos inclusive.
  • Os traballos deben ser orixinais e realizados pola/o alumna/o que os presenta, sen axuda de ningunha persoa; neles poderá figurar un pseudónimo, pero nunca o nome da/o autora/or.
  • Só se poderá entregar un traballo por persoa.
  • A lingua utilizada será o galego ou o castelán.
  • O formato de entrega será en follas en branco Din A4 á man ou a máquina (dobre espazo) cunha extensión máxima de 5 folios por unha soa cara.
  • O tema será de libre elección pola/o alumna/o.
  • No momento da entrega do traballo, este será introducido no interior dun sobre cerrado cun código. Así mesmo entregarase un papel numerado co mesmo código có sobre, o que acreditará a autoría do traballo.
  • O xurado estará constituído polo departamento de Lingua e Literatura, e a súa resolución será inapelable.
  • Para a súa decisión o xurado terá en conta a idade e curso da/o  alumna/o así como a calidade tanto narrativa como literaria, a ortografía e, se cómpre, a caligrafía.
  • Seleccionaranse 5 traballos finalistas por categoría, e deles só 2 serán premiados. O día, 09 de febreiro publicarase a relación de códigos e pseudónimos das/os alumnas/os finalistas e das/os premiadas/os.
  • As redaccións non se devolverán, e serán publicadas se o xurado o considera oportuno.
  • Os premios concedidos non poderán ser cambiados en ningún caso.
  • Establécese unha catergoría especial, fóra de concurso, na que os alumnos/as de Ed. Infantil realizarán un conto. Establécese un único premio para estes alumnos/as que consistirá en material para a aula. Este traballo estará supervisado polas profesoras/titoras de Educación Infantil.

Puedes encontrar el resultado de concurso aquí

 

PREMIOS:

Daránse 2 premios por categoría:

  • 1º premio: 60,00 euros en libros, comics e/ou música seleccionados pola/o premiada/o a elixir no Corte Inglés de Santiago.
  • 2º premio: 40,00 euros en libros, comics e/ou música seleccionados pola/o premiada/o a elixir no Corte Ingles de Santiago