CHEGA O ENTROIDO
Escrito por KECHU MARRÓN OSCURO
Viernes, 22 de Enero de 2010 05:58
PDF Imprimir E-mail

Entroido 2010Este ano adicamos o entroido á biodiversidade, por ser o Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, e precisamos da vosa axuda para caracterizar a todos os nenos de forma diferente. animádevos, que os vosos fillos agradeceranno

 

CHEGA O ENTROIDO ¡¡¡¡¡¡¡¡

 

Este ano decidimos adicar a celebración do entroido á biodiversidade, introducindo así este evento dentro das actividades que desenvolvemos co proxecto Voz Natura que este ano xira en torno a esta temática motivado por ser o Ano Internacional da Diversidade Biolóxica.

 Así pretendemos que cada aula escolla un grupo ou familia de animais ou prantas e que cada rapaz se caracterice cun disfraz diferente. Deste xeito a aula de kechu irá de animais domésticos, a aula de Aurora de animais salvaxes, a de Mari de prantas e hortalizas e a de Isabel de animais acuáticos.

Gustaríanos contar coa vosa axuda de modo que, na casa preparedes a parte do disfraz que cubra o corpo, e nos, dende a escola, prepararemos os complementos e mais a cabeza. Non se trata de mercar, senón mais ben de participar cos vosos fillos na elaboración do disfraz, pero cada un coas súas posibilidades de acción.

A celebración será o venres 12 de febreiro e adiántovos que faremos talleres de cociña, caretas e maquillaxe pola maña, despois unha degustación de produtos típicos da época, un desfile de disfraces tralo recreo ó que estades convidados e pola tarde un baile de disfraces. Pero xa vos pasaremos un programa más elaborado.

 

 

 

 

Animándovos a participar, despídese atentamente:

Kechu Marrón Oscuro

Cabalo de Pura Raza Galega